dcsimg

Salamandrininos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos salamandridinos (Salamandridinae) é unha subfamilia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, da familia dos salamándridos.

A subfamilia está formada por un único xénero, Salamandrina, que contén dúas especies.

Distribución

As dúas especies do único xénero actual son endémicas de Italia.[1]

Taxonomía

Descrición

A subfamilia foi descrita en 1843 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, na súa obra:

Fitzinger, L. J. F. (1843): Systema Reptilium, fasciculus primus, Amblyglossae. Braumüller und Seidel, Wien, pp. 1-106. (Ver o texto íntegro).

Etimoloxía

O nome científico está formado pola raíz do nome do xénero tipo, Salamandrina coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Clasificación

Como quedou dito, a subfamilia só comprende un único xénero actual:[2][3][4]

  • Subfamilia Salamandridinae Fitzinger, 1843

Ademais, coñécese un xénero fósil: Archaeotriton Meyer, 1860

Controversia taxonómica

Aínda que non aceptada por todos os autores, que inclúen o seu único xénero na subfamilia dos salamandrinos, o taxon foi confirmado, entre outros, por Amphibian Species of the World,[1] pola AmphiaWeb,[2] polo NCBI,[3], e por Alain Dubois e J. Raffaelli.[5][6]

Notas

  1. 1,0 1,1 Salamandridinae en Amphibian Species of the World.
  2. 2,0 2,1 Salamandridinae na AmphibiaWeb.
  3. 3,0 3,1 Salamandridinae no NCBI.
  4. Salamandrina Fitzinger, 1826 no ITIS.
  5. Dubois, A. (2005): "Amphibia Mundi. 1.1. An ergotaxonomy of Recent amphibians". Alytes. Paris, 23: 1–24.
  6. Dubois, A. & J. Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela). Alytes. Paris, 26: 1–85. Ver o artigo completo en PDF

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dubois, A. (2005): "Amphibia Mundi. 1.1. An ergotaxonomy of Recent amphibians. Alytes. Paris, 23: 1–24.
  • Dubois, A. & J. Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela). Alytes. Paris, 26: 1–85. Ver o artigo completo en PDF.
  • Gray, J. E. (1850): Catalogue of the Specimens of Amphibia in the Collection of the British Museum. Part II. Batrachia Gradientia, etc. Printed by Order of the Trustees. London: Spottiswoodes and Shaw.

Ourtros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Salamandrininos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos salamandridinos (Salamandridinae) é unha subfamilia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, da familia dos salamándridos.

A subfamilia está formada por un único xénero, Salamandrina, que contén dúas especies.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician