dcsimg
Unresolved name

Filozoa

Filozoos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os filozoos (Filozoa) son unha agrupación monofilética dentro do grupo Opisthokonta de seres vivos. Comprenden os animais xunto cos seus parentes unicelulares máis próximos (que son os organismos máis estreitamente relacionados cos animais que cos fungos ou Mesomycetozoa).[1]

Actualmente asígnanse tres grupos ao clado Filozoa, que son:

Cladograma

Opisthokonta    

Fungi

   

Nucleariida

    Holozoa

Mesomycetozoa

Filozoa

Filasterea

     

Choanoflagellatea

   

Animalia

         

Características

Asúmese que a célula opistoconta ancestral posuía unha proxeccións delgadas filosas ou "tentáculos". Nalgúns opistocontos (Mesomycetozoa e Corallochytrium) estas proxeccións perdéronse. Os Filozoa mantivéronas, e neles son simples e non se adelgazan cara o extremo, e presentan un núcleo ríxido de feixes de actina (o que os diferencia dos filopodios flexibles, adelgazados cara o extremo e ramificados dos nucleáriidos e dos rizoides ramificados e hifas dos fungos). Nos coanoflaxelados e nos animais máis primitivos, principalmente as esponxas, agréganse nun colar no que filtran o alimento situado arredor do cilio ou flaxelo; e isto crese que é un carácter herdado do seu antepasado filozoo común máis recente.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Shalchian-Tabrizi K., Minge M.A., Espelund M.; et al. (2008). Aramayo, Rodolfo, ed. "Multigene phylogeny of choanozoa and the origin of animals". PLoS ONE 3 (5): e2098. PMC 2346548. PMID 18461162. doi:10.1371/journal.pone.0002098.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Filozoos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os filozoos (Filozoa) son unha agrupación monofilética dentro do grupo Opisthokonta de seres vivos. Comprenden os animais xunto cos seus parentes unicelulares máis próximos (que son os organismos máis estreitamente relacionados cos animais que cos fungos ou Mesomycetozoa).

Actualmente asígnanse tres grupos ao clado Filozoa, que son:

Clase Filasterea – establecido recentemente para albergar aos xéneros Ministeria e Capsaspora Clase Choanoflagellateaflaxelados con "colar" Reino Animalia ou Metazoa – animais.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician