Juniperus oxycedrus L. é unha planta conífera e dioica do xénero dos xenebreiros, encadrada na familia das cupresáceas (Cupressaceae).
Pode medrar como un arbusto de 2-3 metros ou ben como unha pequena árbore que pode acadar nalgúns casos os 15 metros. É unha especie moi resinosa. A copa ten unha forma cónica irregular, coas ramas tendentes a ser ascendentes. A casca do tronco é gris con raias lonxitudinais castaño-avermelladas. As follas aciculares dsipóñense en verticilos de tres e teñen un longo de 11 a 20 mm. e un largo de 1 ou 2 mm. Teñen na cara unha dobre banda de estomas separadas por un nervio central de cor verde. O período de floración é de abril a maio, e no segundo ano de maduración fórmanse os gálbulos (conos con forma de baga esférica), que polo xeral levan tres sementes. O tamaño dos gálbulos depende da subespecie: os da subespecie oxycedrus teñen un diámetro de 6 a 12 mm, os da subespecie badia de 10 a 12 mm. e os da subespecie macrocarpa son lixeiramente maiores, de até 20 mm.
Juniperus oxycedrus apareceu por vez primeira en 1753 na obra de Carl von Linné, Species Plantarum.
Hai tres subespecies:
Unha subespecie tornouse en especie independente:
Algúns Juniperus oxycedrus subsp. oxycedrus de Italia e máis ó leste cara a Irán e Israel separáronse como especies crípticas por Robert P. Adams, baixo a denominación Juniperus deltoides R.P. Adams.
Juniperus oxycedrus L. é unha planta conífera e dioica do xénero dos xenebreiros, encadrada na familia das cupresáceas (Cupressaceae).