dcsimg
Unresolved name

Ostracodermi

Ostracodermos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Non confundir con Ostrácodos.
 src=
Varios ostracodermos da clase Osteostraci (escudos óseos)
 src=
Cardipeltis bryanti, un ostracoderno do Devoniano inferior das Montañas Bighorn de Wyoming. Exposto pola parte ventral.

Os ostracodermos ('pel de cuncha') son un grupo de peixes sen mandíbula acoirazados con placas óseas do Paleozoico. O termo non aparece habitualmente nas clasificacións de hoxe en día porque designa un grupo que é parafilético ou polifilético, e non ten un significado filoxenético.[1] Porén, o termo ostracodermos aínda se usa informalmente para agrupar grosso modo os peixes ágnatos acoirazados. Nalgunhas clasificacións utilizáronse os termos Ostracodermi e Ostracodermata.

Unha innovación dos ostracodermos era que usaban as branquias só para a respiración e non as usaban tamén para alimentarse, como talvez facían algúns dos primeiros cordados. Os ostracodermos tiñan bolsas branquiais farínxeas separadas ao longo da parte lateral da cabeza, que estaban permanentemente abertas e carecían de opérculo protector. A diferenza dos invertebrados que usan o movemento de cilios para desprazar a comida, os ostracodermos usaban a súa farinxe muscular para crear unha succión que impulsaba cara á súa boca pequenas presas lentas.

Os primeiros peixes fósiles que se descubriron eran ostracodermos. O anatomista suízo Louis Agassiz recibiu algúns fósiles de peixes con armadura ósea procedentes de Escocia na década de 1830. Levoulle moito tempo clasificalos, xa que non lembraban a ningunha criatura viva. Comparounos prieiramente con peixes acoirazados existentes como algúns siluriformes e os esturións, pero despois decatouse de que non tiñan mandíbula móbil, e clasificounos en 1844 nun novo grupo, os "ostracodermos", que significa "pel de cuncha".[2]

Os ostracodermos teñen a cabeza cuberta de placas óseas. Están entre as primeiras criaturas con cabeza osificada. As capas microscópicas deses escudos paréncenlles aos biólogos evolutivos que son "como se estivesen compostas de estruturas similares a pequenos dentes."[3] Neil Shubin escribiu: "Corte o óso do cranio [de ostracodermo] aberto… póñao no microscopio e… atopará unha estrutura virtualmente igual á dos nosos dentes. Hai unha capa de esmalte e incluso unha capa de polpa. O escudo completo está feito de miles de pequenos dentes fusionados. Este cranio óseo (un dos primeiros do rexistro fósil) está feito enteiramente de pequenos dentes. Os dentes orixináronse inicialmente para morder outros seres vivos (ver Conodontos); unha versión posterior dos dentes foi utilizada para a protección."[3]

Existiron dous grandes grupos de ostracodermos, os máis primitivos eran os heterostracos e o outro era o dos cefaláspidos. Os cefaláspidos eran os máis avanzados porque tiñan estabilizadores laterais para controlar mellor a natación.

Durante moito tempo creuse que os pteraspidomorfos e os telodontos eran os únicos ostracodermos con orificios nasais pares, mentres que os outros grupos tiñan só un orificio único medial. Pero despois comprobouse que aínda que os galeáspidos teñen unha soa abertura nasal externa, teñen dous órganos nasais internos.[4][5]

Despois da aparición dos peixes mandibulados (placodermos, acantodios, tiburóns etc.) hai uns 420 millóns de anos, a maioría das especies dos ostracodermos sufriron un declive, os últimos ostracodermos acabaron extinguíndose a finais do Devoniano. Investigacións máis recentes indican, non obstante, que, os peixes con mandíbulas deberon ter moita menos influencia na extinción dos ostracodermos do que antes se pensaba, xa que ambos os grupos coexistiron sen un declive significativo durante uns 30 millóns de anos.[6]

Nalgunhas clasificacións a subclase Ostracodermi foi situada na división Agnatha, xunto coas subclases existentes de Cyclostomata, entre os que están as lampreas e os mixíns.

Grupos principais

Notas

  1. Benton, Michael (2009) Vertebrate Palaeontology Edition 3, page 44, John Wiley & Sons. ISBN 9781405144490.
  2. Maisey, John G. (1996). Discovering Fossil Fishes (illustrated ed.). New York: Henry Holt & Company. p. 37.
  3. 3,0 3,1 Shubin, Neil (2009). Your Inner Fish: A Journay into the 3.5 Billion Year History of the Human Body (reprint ed.). New York: Pantheon Books. pp. 85–86. ISBN 9780307277459.
  4. "Fossil fish reveals how jaws evolved - Planet Earth Online". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2018.
  5. GEOL 331 Invertebrate Paleontology
  6. Vertebrate jaw design locked down early
  7. Morales, Edwin H. Colbert, Michael (1991). Evolution of the vertebrates : a history of the backboned animals through time (4th ed.). New York: Wiley-Liss. ISBN 978-0-471-85074-8.
  8. Sansom, R. S. (2009). "Phylogeny, classification and character polarity of the Osteostraci (Vertebrata)". Journal of Systematic Palaeontology 7: 95–115. doi:10.1017/S1477201908002551.
  9. Turner, S.; Tarling, D. H. (1982). "Thelodont and other agnathan distributions as tests of Lower Paleozoic continental reconstructions". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 39 (3–4): 295–311. doi:10.1016/0031-0182(82)90027-X.
  10. Sarjeant, William Antony S.; L. B. Halstead (1995). Vertebrate fossils and the evolution of scientific concepts: writings in tribute to Beverly Halstead. ISBN 978-2-88124-996-9.
  11. Donoghue, P. C., P. L. Forey & R. J. Aldridge (2000). "Conodont affinity and chordate phylogeny". Biological Reviews of the Cambridge Philosophical Society 75 (2): 191–251. PMID 10881388. doi:10.1111/j.1469-185X.1999.tb00045.x.
  12. Turner, S. (1999). "Early Silurian to Early Devonian thelodont assemblages and their possible ecological significance". En A. J. Boucot; J. Lawson. Palaeocommunities, International Geological Correlation Programme 53, Project Ecostratigraphy, Final Report. Cambridge University Press. pp. 42–78.
  13. The early and mid Silurian. See Kazlev, M.A., White, T (March 6, 2001). "Thelodonti". Palaeos.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o October 30, 2007.
  14. Ahlberg, Per Erik (2001). Major events in early vertebrate evolution: palaeontology, phylogeny, genetics, and development. Washington, DC: Taylor & Francis. p. 188. ISBN 0-415-23370-4.
  15. Patterson, Colin (1987). Molecules and morphology in evolution: conflict or compromise?. Cambridge, UK: Cambridge University Press. p. 142. ISBN 0-521-32271-5.
  16. Hall, Brian Keith; Hanken, James (1993). The Skull. Chicago: University of Chicago Press. p. 131. ISBN 0-226-31568-1.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ostracodermos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Non confundir con Ostrácodos.  src= Varios ostracodermos da clase Osteostraci (escudos óseos)  src= Cardipeltis bryanti, un ostracoderno do Devoniano inferior das Montañas Bighorn de Wyoming. Exposto pola parte ventral.

Os ostracodermos ('pel de cuncha') son un grupo de peixes sen mandíbula acoirazados con placas óseas do Paleozoico. O termo non aparece habitualmente nas clasificacións de hoxe en día porque designa un grupo que é parafilético ou polifilético, e non ten un significado filoxenético. Porén, o termo ostracodermos aínda se usa informalmente para agrupar grosso modo os peixes ágnatos acoirazados. Nalgunhas clasificacións utilizáronse os termos Ostracodermi e Ostracodermata.

Unha innovación dos ostracodermos era que usaban as branquias só para a respiración e non as usaban tamén para alimentarse, como talvez facían algúns dos primeiros cordados. Os ostracodermos tiñan bolsas branquiais farínxeas separadas ao longo da parte lateral da cabeza, que estaban permanentemente abertas e carecían de opérculo protector. A diferenza dos invertebrados que usan o movemento de cilios para desprazar a comida, os ostracodermos usaban a súa farinxe muscular para crear unha succión que impulsaba cara á súa boca pequenas presas lentas.

Os primeiros peixes fósiles que se descubriron eran ostracodermos. O anatomista suízo Louis Agassiz recibiu algúns fósiles de peixes con armadura ósea procedentes de Escocia na década de 1830. Levoulle moito tempo clasificalos, xa que non lembraban a ningunha criatura viva. Comparounos prieiramente con peixes acoirazados existentes como algúns siluriformes e os esturións, pero despois decatouse de que non tiñan mandíbula móbil, e clasificounos en 1844 nun novo grupo, os "ostracodermos", que significa "pel de cuncha".

Os ostracodermos teñen a cabeza cuberta de placas óseas. Están entre as primeiras criaturas con cabeza osificada. As capas microscópicas deses escudos paréncenlles aos biólogos evolutivos que son "como se estivesen compostas de estruturas similares a pequenos dentes." Neil Shubin escribiu: "Corte o óso do cranio [de ostracodermo] aberto… póñao no microscopio e… atopará unha estrutura virtualmente igual á dos nosos dentes. Hai unha capa de esmalte e incluso unha capa de polpa. O escudo completo está feito de miles de pequenos dentes fusionados. Este cranio óseo (un dos primeiros do rexistro fósil) está feito enteiramente de pequenos dentes. Os dentes orixináronse inicialmente para morder outros seres vivos (ver Conodontos); unha versión posterior dos dentes foi utilizada para a protección."

Existiron dous grandes grupos de ostracodermos, os máis primitivos eran os heterostracos e o outro era o dos cefaláspidos. Os cefaláspidos eran os máis avanzados porque tiñan estabilizadores laterais para controlar mellor a natación.

Durante moito tempo creuse que os pteraspidomorfos e os telodontos eran os únicos ostracodermos con orificios nasais pares, mentres que os outros grupos tiñan só un orificio único medial. Pero despois comprobouse que aínda que os galeáspidos teñen unha soa abertura nasal externa, teñen dous órganos nasais internos.

Despois da aparición dos peixes mandibulados (placodermos, acantodios, tiburóns etc.) hai uns 420 millóns de anos, a maioría das especies dos ostracodermos sufriron un declive, os últimos ostracodermos acabaron extinguíndose a finais do Devoniano. Investigacións máis recentes indican, non obstante, que, os peixes con mandíbulas deberon ter moita menos influencia na extinción dos ostracodermos do que antes se pensaba, xa que ambos os grupos coexistiron sen un declive significativo durante uns 30 millóns de anos.

Nalgunhas clasificacións a subclase Ostracodermi foi situada na división Agnatha, xunto coas subclases existentes de Cyclostomata, entre os que están as lampreas e os mixíns.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician