dcsimg

Dendrobranquiados ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Gamba branca (Parapenaues longirostris).
 src=
Litopenaeus setiferus, unha gamba norteamericana.

A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devoniano.

Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome)[2] e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.

Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.

Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvarias de protozoea, zoea e poslarva.[3]

De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.

Taxonomía

Superfamilia Penaeoidea Rafinesque-Schmaltz, 1815

Superfamilia Sergestoidea Dana, 1852

Notas

  1. Martin & Davis, 2001
  2. Do grego βράγχια, brágchia, plural de βράγχιον brágchion, "branquia", a través do latín científico branchia, e δένδρον déndron, "árbore".)
  3. Farzana Yousuf (2006): "Diagnostic characters of the suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", da tese "Systematic Study and Distribution of Planktonic Shrimps of the Family Sergestidate in the Indian Ocean Collected by the International Indian Ocean Expedition", PDF. Higher Education Commission of Pakistan. (en inglés) Consultada o 2/01/2013.
  4. Rodney Feldmann & Carrie Schweitzer (2010). "The oldest shrimp (Devonian: Famennian) and remarkable preservation of soft tissue". Journal of Crustacean Biology 30 (4): 629–635. doi:10.1651/09-3268.1.
  5. 5,0 5,1 Tavares & Martin, 2010, p. 151
  6. 6,0 6,1 Tavares & Martin, 2010, p. 152
  7. Tavares & Martin, 2010, pp. 152–153
  8. Tavares & Martin, 2010, p. 153
  9. Tavares & Martin, 2010, p. 154
  10. 10,0 10,1 Tavares & Martin, 2010, p. 155
  11. Tavares & Martin, 2010, p. 156

Véxase tamén

Bibliografía

  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Dendrobranquiados: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Gamba branca (Parapenaues longirostris).  src= Litopenaeus setiferus, unha gamba norteamericana.

A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devoniano.

Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome) e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.

Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.

Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvarias de protozoea, zoea e poslarva.

De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician