dcsimg

Burramíidos ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

A dos burramíidos (Burramyidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos,[2][3] coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums pigmeos e falanxeros pigmeos.

Son diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica, cos que en tempos estiveron reunidos.

Na actualidade a familia conta con cinco especies recoñecidas agrupadas en dous xéneros, un deles monoespecíficp. Catro das especies son endémicas de Australia, e a outra que habita tamén en Papúa Nova Guinea e en Indonesia.

Características

Os pósums pigmeos varían en lonxitude de cerca de 5 até os 12 cm, e pesan xeralmente entre os 10 e os 50 g. Son nocturnos e omnívoros que se alimentan de invertebrados, froitos, sementes, néctar e pole. Son excelentes gabeadores, debido en gran parte á súa cola prénsil. Aínda que non se desprazan tanto como algunhas outras especies de falanxeros e cuscús, algunas das especies son capaces de saltaren grandes distancias.[4]

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1898 polo médico e paleontólogo australiano de orixe escocesa Robert Broom, en Proc. Linn. Soc. N.S.W., 10: 564.[2]

Etimoloxía

O nome científico da familia, Burramyidae, formouse como é a norma sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Burramys, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propia dos nomes de familias de animais.

Clasificación

Posibilidade dunha nove especie

Conservation International (CI) e o Indonesia Institute of Science (LIPI) informaron sobre o posíbel descubrimento dunha nova especie de Cercartetus despois dunha visita ás montañas de Foja (Papúa, Indonesia) en xuño de 2007.[9]

Notas

  1. Burramyidae, Broom 1898 en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 2,2 Burramyidae en MSW.
  3. 3,0 3,1 Burramyidae Broom, 1898 no ITIS.
  4. Turner, Vivienne and McKay, G. M. (1989). "27. Burramyidae". En Walton, D. W. and Richardson, B. J. (eds). Fauna of Australia, Volume 1B: Mammalia. Canberra: Australian Government Publishing Service. ISBN 0-644-06056-5.
  5. Burramys en MSW.
  6. Burramys Broom, 1896 no ITIS.
  7. Cercartetus en MSW.
  8. Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
  9. Two new mammals found in Indonesian 'lost world': green group Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Trend, 18 de decembro de 2007.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Burramíidos: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

A dos burramíidos (Burramyidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos, coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums pigmeos e falanxeros pigmeos.

Son diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica, cos que en tempos estiveron reunidos.

Na actualidade a familia conta con cinco especies recoñecidas agrupadas en dous xéneros, un deles monoespecíficp. Catro das especies son endémicas de Australia, e a outra que habita tamén en Papúa Nova Guinea e en Indonesia.

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician