O pecarí de colar[2] (Pecari tajacu) é unha especie de mamífero da familia dos taiasúidos que habita en América do Norte, Central e do Sur.
O pecarí de colar é unha especie amplamente esparexida dende a América tropical até subtropical, dende o suroeste dos Estados Unidos até o norte arxentino en Suramérica.[1] A única illa caribeña onde é nativo é a Illa Trinidad,[1] aínda que foi introducido en Cuba.[3] Habita nos montes xerófilos e desérticos, pasteiros tropicais e subtropicais, sabanas, montes baixos, sabanas e pasteiros asulagados, fragas de follas anchas tropicais e subtropicais, así como noutros hábitats.[1]
Os pecarís de colar son animais nómades diúrnos que viven en grupos de 1 a 20 membros, pero polo xeral son de 6 a 9 membros. Dormen pola noite en tobeiras, ou a miúdo baixo as raíces das árbores.
Aínda que adoitan ignorar a presenza humana, os pecarís de colar poderían reaccionar se son ameazados, empregando os seus longos cairos que se afian sós cando abren e pechan a súa boca. Ademais, liberan un almiscre moi forte se se sinten alarmados.
Pecarís en Scottsdale, Arizona
O pecarí de colar (Pecari tajacu) é unha especie de mamífero da familia dos taiasúidos que habita en América do Norte, Central e do Sur.