dcsimg

Camón ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Porphyrio porphyrio

O camón é unha ave do xénero Porphyrio.

Características

Trátase dunha ave cunha lonxitude duns 40-50 centímetros. A súa plumaxe é azul escuro, sendo máis claro na gorxa, pescozo e peito. O peteiro é grande e vermello, estendéndose ata a testa. As patas son vermellas e de longos dedos. As alas infracobertoiras caudais son brancas. Trátase dunha ave ligada a zonas pantanosas e lagoas, preferiblemente con matorrais e canavais densos e abundantes. Con capacidade para nadar, o seu voo é rápido con abundantes movementos das alas.

Taxonomía

O xénero porphyrio ten provocado diversos debates. A maior parte das diferenzas radican en diverxencias de tamaño ou color, de escaso valor debido a notable variabilidade de individuos entre poboacións próximas[2]. De feito, o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid conservan dous individuos de principios de século procedentes da albufera de Valencia que pertencen a subespecie africana[2]. Un traballo recente baseado en análises xenéticas ten mostrado que a subespecie ibérica ten un forte parentesco coa subespecie do sueste de Asia (indicus), estando moi afastado das subescies máis próximas poliocephalus ou seistanicus[2].

Subespecies

A complicada xenealoxía dos camóns ten sido explicada por unha orixe parafilética. É dicir, resultado de múltiples eventos de colonización, seguramente da man do home, sobre grandes distancias, dando lugar a diferentes subespecies con diversos grados de parentesco e provocando a extinción de outras[2]. De acordo a algúns autores teñen existido ata 18 subespecies de camóns, catro delas consideradas extinguidas[2]. As subespecies extinguidas foron p. mantelli (propia do norte de Nova Zelandia), p. kukwiedi (propia de Nova Caledonia), p. paepae (propia das Illas Marquesas) e a p. mcnabi (propia das Illas da Sociedade)[2]. Xeográficamente as dúas subespecies catalogadas máis próximas á subespecie ibérica porphyrio son: a subespecie madagascariensis caracterizada polo dorso e alas verdosas e a subespecie poliocephalus cuxa cabeza é agrisada en vez de azul.

Distribución

Na época romana era unha ave frecuente no eido mediterráneo[2]. Así o testemuñan os múltiples mosaicos e xacementos onde se representa a ave. O contexto das representación suxiren que a especie foi domesticada, cun uso puramente ornamental[2]. Ademais diversos autores clásicos coma Diodoro Sículo, Plinio o Vello ou Alexandre de Mindo afirmaban que a especie fóra introducida. Tese refrendada pola ausencia de restos fósiles da especie no Mar Mediterráneo[2]. Entre os séculos XVII ata o XIX a especie volveu ser completamente salvaxe, entrando en perigo de extinción no século XX. Para evitar a súa desaparición, leváronse a cabo programas de reintrodución en Portugal, España e Italia[2]. Hoxe en día a subespecie porphyrio distribúese polas zonas húmidas da metade sur da Península Ibérica e está presente nas Baleares, Sardeña e Túnez. A subespecie madagascariensis distribúese por Exipto, mentres que a poliocephalus atópase localmente en Turquía, mar Caspio e os vales do Eufrates e Tigris.

Notas

  1. BirdLife International (2009). "Podiceps cristatus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 Gómez López J.A. e Jiménez Pérez J. (Maio 2016). "Calamón: una duda razonable". Quercus (363). |data-acceso= require |url= (Axuda)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Camón: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Porphyrio porphyrio

O camón é unha ave do xénero Porphyrio.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician