Tympanuchus phasianellus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.
Propia de Norteamérica, distribúese desde Alasca e o norte do Canadá até o centro dos Estados Unidos.
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[2] co nome de Tetrao phasianellus.[3][4]
Para a do xénero, véxase Tympanuchus.
O epíteto específico, phasianellus, é un diminutivo do latín científico de phasiānus, 'faisán'. Literalmente '(que semella un) pequeno faisán'.
Na actualidade o ITIS recoñece nestaa especie as seguintes sete subespecies.[2]
(Indícanse as súas respectivas áreas de distribución).[4]
Porén, a subespecie T. p. hueyi rexistrouse por última vez en 1952 e hoxe considérase extinta.[4][5]
O seu hábitat natural son as áreas abertas: praderías, estepas arbustivas, sabanas e bosques con árbores moi dispersas.[6][7]
A súa área de distribución esténdese desde o centro de Alasca e o Yukón até o oeste do Quebec, polo norte, chegando até as grandes chairas do centro dos Estados Unidos. Nos Estados Unidos continentais perdeu gran parte da súa área de distribución orixinal, especialmente no suroeste do seu hábitat histórico. Porén, en Idaho e Utah, as cifras da súa poboación están aumentando desde a década de 1980.[6][7]
A especie sufriu unha diminución pequena, estatísticamente insignificante, nos últimos 40 anos en América do Norte (datos de Breeding Bird Survey e/ou Christmas Bird Count: Butcher and Niven 2007).[8] Porén, hai que ter en conta que estas enquisas cobren menos do 50 % da área da especie en América do Norte.[1]
Un dos aspectos máis famosos dos costumes destas aves é o ritual de apareamento de tipo lek, agrupación de macho adultos que se xuntan para faceren exibicións competitivas con vistas a convenceren ás femias visitantes que están á procura de posíbeis compañeiros para a copulación.[9]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais considera que a especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca ao limiar do status de vulnerábel, segundo o criterio de tamaño de área (extensión de maís de 20 000 km2 combinado cun tamaño de dispersión decrecente ou flutuante, extensión/calidade do hábitat ou tamaño de poboación). A pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é moi grande (máis de 10 000 individuos maduros, cunha diminución continua estimada no 10 % en dez anos ou tres xeracións, polo que a especie á avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Tympanuchus phasianellus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.
Propia de Norteamérica, distribúese desde Alasca e o norte do Canadá até o centro dos Estados Unidos.