O bufo nival (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das Estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.
Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longura e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón
Pon entre 4 e 10 ovos en maio, nun niño colocado nalgún lugar seco e con boa visibilidade. É unha especie monógama. Os xuvenís son de cor acastañada e con bandas de cor branca.
A súa base alimentaria son os lemmings. Mais tamén captura lebres e aves. En épocas de escaseza, aliméntase das reservas que vai acumulando ó longo de todo o ano. Isto permítelle sobrevivir en ambientes moi inhóspitos.
Presente no norte e interior de Escandinavia. Tamén en Islandia e as costas árticas de América e Siberia. Soen facer migración cara zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña Central.
Hedwig, a curuxa de Harry Potter é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por ser dunha cor branca máis brillante.
O bufo nival (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das Estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.