O Neofelis nebulosa é un félido salvaxe que está presente dende o Himalaia até o sueste asiático e a China. Dende 2008, está clasificada como unha especie vulnerable segundo a Lista Vermella da IUCN. A súa poboación rolda algo menos dos 10 000 exemplares adultos, cunha tendencia á baixa, e ningunha das poboacións locais supera os 1 000 adultos.[1] É o animal estatal do estado indio de Meghalaya.[3]
O Neofelis nebulosa é un félido salvaxe que está presente dende o Himalaia até o sueste asiático e a China. Dende 2008, está clasificada como unha especie vulnerable segundo a Lista Vermella da IUCN. A súa poboación rolda algo menos dos 10 000 exemplares adultos, cunha tendencia á baixa, e ningunha das poboacións locais supera os 1 000 adultos. É o animal estatal do estado indio de Meghalaya.