dcsimg

Cobra de colar ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A cobra de colar[1][2] ou cobra de auga de colar[2] (Natrix natrix) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia de Eurasia e o noroeste de África.

Descrición

Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarelo ou alaranxado. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.

Galería

Notas

  1. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
  2. 2,0 2,1 Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8

Véxase tamén

Outros artigos


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cobra de colar: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A cobra de colar ou cobra de auga de colar (Natrix natrix) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia de Eurasia e o noroeste de África.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician