dcsimg

Leituga ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A leituga (Lactuca sativa) é unha planta anual, propia das rexións temperadas, que se cultiva para alimentación. Debido ás moitas variedades que existen, pódese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crúa, como ingrediente de ensaladas e outros pratos; certas variedades, de orixe chinesa sobre todo, posúen unha textura máis robusta e empréganse cocidas.

Planta

A planta ten un talo curto, do cal nacen as follas dispostas en roseta de cor verde máis ou menos intenso, segundo a variedade. Ao florecer, o talo alóngase e ramifica, producindo moitas cabezas florais parecidas ao dente de león (Taraxacum officinale) mais máis pequenas. Se a leituga se destina ao consumo humano, a colleita realízase antes da floración. A mesma pertence á familia das crucíferas (Pola súa flor en forma de cruz) e destaca por ter os seus cotiledóns (Primeiras follas) en forma de bolboreta.

Variedades

 src=
leituga no Corpiño. Lalín
 src=
Leituga de folla de carballo, en realidade a especie (Chicorium intybus).

Entre as variedades de leituga destacan as seguintes:

  • Iceberg: de rebentos apertados e densos, semellantes á col; carece case por completo de sabor, mais goza de amplo uso pola renxente textura e a facilidade para cortala finamente. É a variedade máis habitual nas rexións onde non se dá naturalmente a leituga, xa que pode cultivarse en tanques hidropónicos;
  • Romana: de rebento longo, con follas aproximadamente lanceoladas, menos grosas que as iceberg, pero grosas e renxentes; as follas átanse para provocar o branqueado. En español coñécese co nome de oreja de mulo;
  • Francesa: de rebento redondo, follas finas e textura manteigosa; ten un sabor delicado e intenso. Tamén se lle chama Boston;
  • Batavia: similar á francesa, de rebento solto, follas rizas e textura manteigosa;

A chamada leituga folla de carballo, de follas rizas e rebento solto, distintiva pola cor morada das súas follas, non é unha variedade de L. sativa, senón unha especie á parte, Chicorium intybus.

Nutrición

A leituga ten moi pouco valor nutritivo, cun alto contido de auga (90-95%), é rica en antioxidantes, como a vitamina A, C, E, B1, B2 e B3, minerais: fósforo, ferro, calcio, potasio e aminoácidos. As follas exteriores máis verdes son as que teñen maior contido en vitamina C e ferro.

Naqueles países en que a hixiene das augas de regadío é deficiente, ou incluso se regan os cultivos con augas servidas, a leituga representa unha importante fonte de infección de enfermidades gastrointestinais como a febre tifoide, o cólera, a salmonelose, polo que é recomendábel consumilas moi ben lavadas con auga potábel e desinfectadas cunha solución microbicida.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Leituga: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A leituga (Lactuca sativa) é unha planta anual, propia das rexións temperadas, que se cultiva para alimentación. Debido ás moitas variedades que existen, pódese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crúa, como ingrediente de ensaladas e outros pratos; certas variedades, de orixe chinesa sobre todo, posúen unha textura máis robusta e empréganse cocidas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician